Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AUGAS CAIDAS. FERVENZAS DE GALIZA

Esgotado
€20,00
ISBN WP444
Galiza é un lugar onde a conxunción de situación, clima e paisaxe crean innumerábeis correntes de auga. A situación fronte ao Atlántico, na porta da entrada das grandes masas de nubes preñadas de chuiva, e o relevo irregular, conformado polos anos e as fracturas, convértena no"país dos mil rios" que dicía Álvaro Cunqueiro, e os dez mil fontes e regueiros.

Un país no que a auga é un elemento sempre presente, que xorde e corre por calqueira lugar, case nunca en silencio, e nos sitios onde se dan as condicions axeitadas déixase caer formando fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras,chorreiras, chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras, seimeiras, pesqueiras,...

____