Ata hai uns anos cando se falaba de fotografía histórica galega as referencias a Ksado eran inmediatas. Sen lugar a dúbida, era de todos os fotógrafos galegos o que fora capaz de dar á súa obra unha maior difusión en todo o país, logrando que esta fora considerada e apreciada. Aínda hoxe son moitas as casas nas que se conserva, a medio cubrir na maioría dos casos, o álbum Estampas de Galicia.
Luis Casado nace en 1888 en Ávila, e vai vivir aos seis anos á Ourense. Aos dez anos entra a traballar como aprendiz no estudio de Xosé Pacheco. No ano 1915 establece o seu propio estudio na Rúa do Vilar de Santiago. Posteriormente, en 1922, abre un novo estudio en Vigo, quedando ao cargo do de Compostela a súa irmá Carmiña. Colabora en xornais como Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, El Nuevo Mundo, ABC, La Esfera, Mundo Gráfico, Nuevo Mundo, La Vanguardia, Céltiga, Galicia, Vida Gallega… e publicacións arxentinas como La Nación, La Prensa e Diario de la Marina. Durante a dictadura de Primo de Rivera publica o libro Estampas Compostelanas, dedicado á arquitectura e a monumentos de Santiago. Sen embargo será Estampas de Galicia (1936) a súa obra fundamental. Foi editado como un álbum, de 10.000 exemplarse de tiraxe, no que se debían pegar os 405 cromos de diferentes tamaños ( desde 6 x 9 a 12 x 17cm ) que o compuñan. Constitúe un percorrido por todo o país presentando vistas das cidades e vilas, rúas e monumentos, paisaxes, escenas do traballo nos portos e da vida campesiña. A súa concepción queda perfectamente definida na súa propia propaganda “exaltar os valores panorámicos, monumentais, históricos, artísticos, típicos e lendarios da nosa terra”. A relación de Casado con intelectuais, artistas e institucións de tendencia galeguista como o Seminario de Estudos Galegos lévano a participar do rico movemento que nese momento se estaba a dar de cara a establecer os sinais de identidade do país, e desde este punto de vista debe ser analizada Estampas de Galicia. Son anos nos que se presta moita atención á mitoloxía celta de cara a buscar e explicar elementos diferenciadores da nosa identidade colectiva. A nivel artístico debemos de conectar estas concepcións co interese que nese momento se dá a nivel internacional polo primitivismo. Algunhas das súas imaxes presentan grandes similitudes con algunhas obras de Asorey, como A picariña e A naiciña (para el, o prototipo da muller celta). Sen embargo o hieratismo da fotografía de Ksado non obedece só a razóns de tipo estético como no caso de Asorey, senón que son determinadas pola técnica e concepcións da fotografía clásica. As súas concepcións estéticas eran as clásicas que a fotografía establecera no século XIX, ben distantes, polo tanto, das innovacións vangardistas que nese momento se estaban a dar nalgúns lugares de Europa. Salvo contadas fotografías todas elas se caracterizan por un gran estaticismo e unha buscada colocación previa. Ksado logrará nestes anos un recoñecemento moi superior ao dos demais fotógrafos, sendo considerado verdadeiramente un artista. En tempos en que as exposicións de fotografías eran escasas a súa obra foi exposta en Ponferrada, Betanzos, Vigo, Buenos Aires e no Palacio de Cristal e no Centro Gallego de Madrid. A Agrupación Fotográfica Gallega noméao presidente da súa sección de Santiago e réndelle unha homenaxe no ano 1961. En 1936, coa sublevación fascista, vese interrompida a rica e interesante actividade editorial emprendida. No ano 37 Ksado pecha o estudio de Vigo e regresa a Compostela, céntrandose no traballo profesional típico dos demais estudios e abandonando a actividade anterior. No ano 48 coincidindo co Ano Santo reedita Estampas compostelanas. Manuel SendónXosé Luis Suárez Canal
Idioma: Galego

____
Editorial: CEFIdioma: Galego