Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENVÍAME UNHA POSTAL. NEGATIVOS DE GARCÍA GARRABELLA NO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO

por XUNTA
€15,00
ISBN 9788445353608

 Catálogo coa totalidade das imaxes do fondo de negativos realizados por García Garrabella nas súas viaxes pola provincia da Coruña [A Coruña, Oleiros, Santiago de Compostela e Ferrol] e a provincia de Lugo [Lugo, Barreiros, Foz...]

unha selección dos 348 negativos para postais da empresa García Garrabella que custodia o Arquivo Histórico Provincial de Lugo e forman parte dos fondos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguraron hoxe a mostra que, baixo o título Envíame unha postal, fai un percorrido polas fotografías tomadas por Luis García Garrabella nas décadas dos 40 e 50 do século XX a paisaxes e monumentos de varias poboacións das provincias de Lugo e A Coruña.

O fondo de negativos en vidro e en acetato da empresa García Garrabella y Compañía (unha das casas editoras de postais máis prolíficas dos anos 60 e 70) foron adquiridos pola Consellería a Jerónimo Gilabert, en representación de Martínez Santolaya,S.L., entre 2004 e 2007, xunto con outro lote de negativos de Arribas. No ano 2017 foron catalogados e dixitalizados e están a disposición da cidadanía en Galiciana, Patrimonio Dixital de Galicia, o portal de difusión dos recursos patrimoniais dixitalizados da cultura galega.

_____

Editorial: Xunta

Idioma: Galego