Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS FEIRAS DO RIZO

por O RIZO
Esgotado
€12,00
ISBN

Naceu, Xosé Vázquez Arias “Rizo”, no lugar de Casasoá, pertencente á parroquia de San Xoán de Camba, no concello de Castro Caldelas, o día 16 de febreiro de 1917, no seo dunha familia labrega e traballadora coma tantas outras familias espalladas ó albedrío propio da súa idiosincrasia polas pequenas aldeíñas da provincia de Ourense.

“As feiras do Rizo” publicado polo Concello do Carballiño no ano 1989 con fotografías procedentes do Museo Arqueolóxico provincial de Ourense, de tal xeito:
“No principio dos anos 40 marchou a Monforte para aprender o oficio con Vila. Pasou pouco tempo ata que voltou e fixo de Casasoá o seu estudio, plasmando coa máquina todo aquilo que excitaba a súa imaxinación: Xentes, paisaxes, modelos familiares, etc., constituirán o primeiro exame dos seus recén adquiridos coñecementos.
Castro Caldelas quedáballe cativo ás inquedanzas daquel mozo fotógrafo e decide ir traballar a Bilbao. (…) Pouco máis coñecemos da súa singradura vasca.
A mediados da década dos anos 40 aparece en Ferrol traballando para Unifar. Está pouco tempo na cidade departamental, aínda que desenvolve un gran traballo, tanto na rúa como no laboratorio.”

Nas vilas máis grandes, tal como Allariz, O Carballiño, Xinzo de Limia ou Celanova, adoitaba alugar un pequeno escaparate dalgún negocio, ou encomendáballe a alguén a tarefa da venta directa das fotos e el dedicaba o día a disparar en canto a luz solar llo permitía. Logo, levaba as películas impresas a Ourense, dedicándolle un tempo ós labores do revelado (normalmente en tiras de dúas, tres ou catro fotografías repetidas) para despois penduralas do escaparate desta ou aquela vila, no mercado ou na feira seguinte.
A fama do fotógrafo chegou a ser tal que os negocios das vilas onde o Rizo penduraba as fotos acabaron por converterse en pequenos santuarios iconográficos ós que acudían mozos e mozas, novos e vellos, en verdadeira romaría, co fin de ver o resultado daquela inesperada instantánea que a semana anterior o Rizo lles roubara ou aqueloutra estudiada escenificación que el mesmo provocara entre os grupos de amigos e amigas para inmortalizar o feliz momento.
____

Editorial: Xociviga
Idioma: Galego