Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A CORUÑA-SADA-CARBALLO. TRANVIAS E TROLEBUSES (1903-1979)

€12,00
ISBN 9788489814295

TRANVIA DA Coruña A SADA 1922 - 1956
En 1901 constitúese a Compañía de Tranvías da Coruña, comezando pola explotación do tranvía 2 anos máis tarde. Os vehículos erean de tracción animal e as cocheiras estaban na rúa do Orzán, na Coruña, onde hoxe está Facenda. En 1913 inaugúrase a liña eléctrica e o tranvía deixou de ser de tracción animal. Dous anos máis tarde xa empeza a planificarse o tranvía interurbano a Sada. A Compañía de Tranvías pensou primeiro construír unha liña da Coruña a Betanzos, pasando por El Burgo e Sada. Dificultades financeiras fixo que se construíse primeiro o tranvía a Sada e xa nunca se construíse o ramal a Betanzos. En 1915, o enxeñeiro coruñés Yordi de Carricarte elaborou o proxecto da liña Coruña - Sada.

As obras empezaron en xullo de 1920, e fixéronse en dúas etapas. A primeira no ano 1920 da Coruña a San Pedro, a segunda en 1922 de San Pedro a Sada. O tranvía inaugúrase parcialmente ata Fonte Culler en xuño de 1922 e en xullo de Fonte Culler a San Pedro. O 31 de decembro é a inauguración oficial de toda a liña, abríndose ao público o 1 de xaneiro de 1923. No Carballo (Oleiros) constrúense as cocheiras e os talleres e tamén a vivenda do xefe de estación, Sr. Núñez, que unha vez xubilado veu a vivir a Sada, substituíndoo no posto o seu fillo. Alí traballaban ao redor de 40 obreiros entre carpinteiros, mecánicos, electricistas, pintores etc. Algúns destes obreiros eran veciños de Sada. Estas cocheiras estaban xusto onde hoxe está o colexio de Cristo Rey no Carballo.

O 31 de decembro de 1922 (día da inauguración), ás dez da mañá saía un tranvía desde A Coruña e outro desde Sada, uníndose no Carballo, onde se agasallou aos invitados. Máis tarde o tranvía continuou ata Sada.

____

Editorial: Espiral Maior 12- 1997
Idioma: Galego