Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OITO OLLADAS SOBRE A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO

€17,40
ISBN 9788491512738
Este libro pretendía ser unha memoria do 8 de marzo de 2018, pero é moito máis.

Oito mulleres moi diferentes foron convocadas a escribir sobre a súa experiencia arredor da folga xeral e as mobilizacións do Día da Muller de 2018. Desde dedicacións e idades moi diversas que implicarían a vivencia dunha folga desde sectores profesionais moi distintos, a idea deste libro era dar conta do pouso que deixou a onda feminista dese día en toda a sociedade galega, amosando que os espazos do debate feminista son tan diversos coma as súas protagonistas. O conxunto de experiencias individuais desexaba amosar a revolución feminista como poliedro, coma un cadro cheo de matices que non só ten implicacións colectivas, senón tamén persoais. E aí, no persoal, foi onde este libro comezou a ser doutra maneira. Cada unha das oito participantes escribiu sobre o seu 8 de marzo pero, en realidade, contou a súa vida toda, observada desde a ollada feminista que, dun xeito ou doutro, estalou no seu interior ese día.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • MULLER EN LOITA

    Victor de las Heras
    €21,00

    Neste libro ocúpase do gran movemento liberador protagonizado polas mulleres dende que o século XXI comezou. As folgas feministas, a oposición á gu...

    Ver todos os detalles
  • A GALIZA FEMINISTA. TEBRAS E ALBORADAS

    Miriam Couceiro Castro
    €14,90

    Neste libro, a autora achégase a un posible relato arredor do movemento feminista en Galicia, unha corrente de pensamento, e sobre todo de acción, ...

    Ver todos os detalles
  • POR PUNTOS

    POR PUNTOS

    Manuel Portas
    €18,70

    A vida está chea de casualidades, de situacións baixo o ditado das coincidencias e os caprichos do destino. Premio Blanco Amor 2018O curso para a ...

    Ver todos os detalles
  • FEMINISMO EN CEN PALABRAS

    Luca Chao
    €16,00

    Quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencemento feminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos i...

    Ver todos os detalles
  • A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    A CASA XUNTO AO VOLCÁN

    Xosé Ricardo Losada
    €15,50

    Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades fí...

    Ver todos os detalles