
A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias. E con moito humor. Que non falte. Xa que estamos en números vermellos. Fontenla, Ana (Vilagarcía, 1992). O único que quero é ser unha muller, que non unha culler, nin tampouco un deber, nin moito menos dun dossier.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego