Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LETRAS DE CAL NA PRODUCION POÉTICA GALEGA DOS 90

€14,00
ISBN 9788484870987
Miguel Louzao Outeiro ocúpase neste traballo de analizar por que a mediados da década dos noventa un grupo de poetas novos se unen ao abeiro da Asociación Cultural Amaía, creada exprofeso, coa intención de publicar a colección de poesía denominada Letras de Cal.

A cronoloxía vital do colectivo (1997-2002) determina as balizas temporais nas que se centra este estudo, porén revísase o estado dos diferentes factores que actuaron no sistema literario galego desde os anos oitenta até a aparición de Letras de Cal para tentar explicar o seu xurdimento, a súa existencia e a súa desaparición, ao tempo que se repara na repercusión que tivo no campo poético galego esta toma de posición colectiva.

Esta obra é a primeira análise da produción poética galega dos noventa a partir dun dos seus axentes fundamentais, o colectivo Letras de Cal.

____

Editorial: Laiovento 2006
Idioma: Galego