CRÓNICAS HISTÓRICAS DAS ILLAS CÍES.
De mitos, ermitáns, piratas e mar polo medio.
Crónicas históricas das illas Cíes é un libro agarimoso que, sen perder seriedade e rigor na exposición das múltiples facetas históricas, logra ofrecer un relato polo que discorren topónimos, mitos, piratas, chouzos, monumentos, faros e personaxes entrañables como “O Coxo” e “O Chuco”. Unha guía cultural do arquipélago máis famoso do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Juan Miguel González-Alemparte Fernández (Bouzas, Vigo, 1961) é doutor en Historia pola USC. Exerceu como profesor de ensino secundario. É membro do Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén e do Instituto de Estudos Vigueses, e pertenceu ao consello de redacción de Solaina e outras revistas históricas. É autor de numerosos artigos en actas de congresos, publicacións científicas e de estudos locais. Entre as súas obras de temática viguesa atópanse: Bouzas e outros xulgados galegos do século XVIII (1997), Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso (1997), Teis: memoria histórica dunha parroquia do litoral (2003), A casa solariega do Couto (Sárdoma) (2005), Os concellos e os alcaldes de Vigo (2019), Los escribanos de Vigo y su comarca, 1638-1862 (2020), Os nomes das rúas de Vigo (2021) e Breve historia da cidade de Vigo (2021).
_____
Editorial: Morgante 12- 2022
Idioma: Galego