Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GUÍA DE SUBTITULADO INCLUSIVO EN GALEGO

€5,00
ISBN 9788481589146
Para ter acceso a produtos audiovisuais, non abonda con posuír un televisor, senón que a meirande parte da poboación precisa servizos de accesibilidade audiovisual para superar barreiras lingüísticas, sensoriais ou cognitivas. Estes servizos de accesibilidade inclúen a dobraxe, o subtitulado, a audiodescrición ou a lectura fácil, entre outros. Esta é a primeira Guía de subtitulado inclusivo en galego, resultado orixinal e pioneiro dunha investigación doutoral. A guía inclúe indicacións sobre aspectos técnicos do subtitulado e indicacións lingüísticas sobre como subtitular a lingua galega; por exemplo, se hai castelanismos e hipergaleguismos no audio: corrixímolos á forma estándar ou reproducímolos nos subtítulos?.

____

 

Editorial: Universidade de Vigo 03-2023

Idioma: Galego