Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINO

€19,95
ISBN 9788484875536

O ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais de ben público, de balde e de acceso universal.

As mudanzas das formas estruturais tradicionais cara a outras en rede, de subcontratas ou de tipo trevo, camiñan cara a formas privatizadoras en todos os seus niveis, ao mesmo tempo que modelan de xeito diferenciado unha serie de novas subxectividades.

A presenza da Covid-19 acelerou os procesos privatizadores desencadeados polo plan Boloña mediante a implantación intensiva das TIC, que envoltas polo mito da neutralidade representan para Boaventura de Sousa Santos novos desafíos “como por exemplo a dixitalización do coñecemento, do ensino e da aprendizaxe”.

Na actualidade ninguén cuestiona conceptos como “ciclo económico” ou a “importancia do empresario e do emprendedor” de xeito que a innovación se converteu nun dos piares da industria das TIC e da sociedade en xeral. O alcance dos efectos desta política neoliberal sobre o sistema público de ensino dependerán da racionalización e da interiorización dunha submisión, previamente aprendida na sociedade e nas propias estruturas escolares, cara a un poder que interpela a natureza dos individuos para xustificar a súa implantación.

____

Editorial: Laiovento 2021
Idioma: Galego