Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?

€17,00
ISBN WP4234
[A idade do universo, o seu tamaño, por que se expande...] Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.

O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo. Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? ¿Cal é a idade do universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o universo se expande? ¿E a que velocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?.. Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

____