Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
EDITORIAL SEPT. SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS

EDITORIAL SEPT. SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS

SEPT na batalla pola aprobación oficial do galego na liturxia.

A Editorial SEPT  (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos) foi unha das obras nacidas da capacidade creativa e do entusiasmo contaxiante de Xaime Isla Couto. Segundo o Bispo Miguel Anxo Araúxo, de: “Xaime e o seu equipo de profetas do Vaticano II”.

Xaime xunta a un grupo de xentes de toda Galicia preocupados polo divorcio existente entre a Igrexa galega e as realidades de nós, que arredor do ano 1965 idean a creación da editorial SEPT para sensibilizar aos membros da Igrexa galega encol da problemática e das reinvindicacións concretas da nosa terra en todos os sensos: cultural, social, relixioso, económico, político, …