Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRES MULLERES

€15,15
ISBN 9788411764872

Medo. 
Vinte e catro horas na vida dunha muller.
 Carta dunha descoñecida.

A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas tres breves obras mestras de Stefan Zweig, Medo, Vinte e catro horas na vida dunha muller e Carta dunha descoñecida. Tres retratos femininos, dos seus desexos, fracasos, pensamentos e medos, obra dun narrador extraordinario e elegante capaz de afondar dun xeito maxistral na psicoloxía das súas protagonistas. Mulleres dun tempo onde os prexuízos sociais e morais condicionaban a súa liberdade e independencia.

Zweig, Stefan (Viena, 1881 – Petrópolis, Brasil, 1942) é un dos autores máis lidos da primeira metade do século XX e testemuña fundamental  para comprender a Europa de Entreguerras. Foi novelista, ensaísta  e biógrafo dunha prosa elegante  e delicada. O final da súa vida estivo marcado de xeito tráxico polo exilio errante que iniciou coa súa muller Lotte en 1936 fuxindo da barbarie nazi.


Editorial: Galaxia 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 190
LITERATUTA UNIVERSAL