Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OS ESTADOS E IMPERIOS DO SOL

€15,00
ISBN 9788417388461

Os Estados e Imperios da Lúa –xunto con Os Estados e Imperios do Sol– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol.

Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía.

Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos.

Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca.

Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución.

   

Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non nas divindades da cultura clásica. Para construír o relato, Heródoto espreme o relato e ofrece discursos enfrontados para que o lector saiba das dúas opinións sobre un mesmo feito. A través da anécdota e do amor polo detalle fiados con acontecementos máis importantes, ofrece unha visión de conxunto da historia dos pobos e dos costumes e permite ao lectorado vivir no século vi ou v a. n. e.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego