Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O AZUL ENTRE O CEO E AUGA

€23,95
ISBN 9788484876472

"O azul entre o ceo e a auga", de Susan Abulhawa, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego. Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza.
Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas.
É unha novela de exilio e desarraigo, de esperanza e afouteza, de atopar a propia identidade e o respecto no conflito palestino-israelí, onde o mundo máxico e o real se mesturan para confluíren na idea do azul entre o ceo e a auga, onde sempre se está. unido presente e pasado.

Búscame
Estarei no azul
Entre o ceo e a auga
Onde todo o tempo é agora
E onde estamos xuntos
Fluíndo coma un ríol.


Susan Abulhawa (1970), naceu nun campo de refuxiados de Kuwait e mudouse de nena aos Estados Unidos, onde estudou Ciencias Biomédicas.

Periodista, activista, fundadora da ONG Playgrounds for Palestine, que constrúe zonas de xogo nos campos de refuxiados palestinos.

A súa primeira novela, Mornings in Jenin (2003), foi traducida a máis de 30 idiomas, O azul entre o ceo e o mar (2015) foi traducido a máis de 20 idiomas e coa terceira novela, Against the loveless world (2019), acadou premios tales coma os Arab American Book Award for Fiction (2021), Reading Women Award Nominee for Fiction (2020), Aspen Words Literary Prize Nominee for Shortlist (2021).

Tamén escribe ensaio, artigos para periódicos estadounidenses e converteuse nunha das voces literarias femininas máis importantes da literatura palestina.

____

Editorial: Laiovento 08-2023
Idioma: Galego