Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOVO DIÁLOGO

€19,95
ISBN 9788484877257

No 75 aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1866-1950) en Bos Aires, Galiza lembra unha figura clave da súa cultura. Este volume céntrase na súa contribución ás artes plásticas, onde destacou como creador dunha arte galega moderna, cun estilo orixinal que combinou o debuxo satírico cun fondo compromiso ético e político. A súa obra denuncia a inxustiza, o caciquismo, a emigración ou o racismo, mais faino sempre a través dunha coidada cosntrución visual.

Reúnense aquí dous estudos complementarios: Dar forma á diferenza, que ofrece unha visión sintética da súa obra ata a Guerra Civil, e Novo diálogo, centrado nos seus "Debuxos de negros" e na súa mirada solidaria cara a poboacións racializadas. Ambos textos reflexionan sobre a forza expresiva dunha obra que une cultura popular e compromiso político, e que segue a ser esencial para ententer o noso pasado e presente.

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.

Entre os seus libros destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega, en colaboración con X. R. Mariño Ferro (2004); Breve historia da arte galega (2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010); Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011); Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016); Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento, 2018) e Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Laiovento, 2020).

ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA.
No ámbito dos estudos literarios publicou traballos sobre Manuel Antonio, Vicente Risco, Lorenzo Varela, X. Mª Álvarez Blázquez e Ramón Cabanillas. Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; Seoane. Razón e compromiso; Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América.
Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da Cultura” do Faro de Vigo e en Sermos, suplemento de Nós Diario.

 

____

Editorial: Laiovento 03-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 85
ENSAIO
CAASTELAO
PATRIMONIO ARTÍSTICO