Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MULLERES QUE VIVEN XUNTAS

€18,95
ISBN 9788411107396

Premio Xerais de Novela 2025

En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.

Abril Camino

Abril Camino (Lugo, 1980), pseudónimo de Rocío Otero, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e en Filoloxía Inglesa pola UNED. No ano 2015, despois de traballar como guionista, correctora, tradutora, profesora e editora, comezou as súa traxectoria como escritora, faceta na que podemos destacar as seguintes obras de entre as máis de vinte que xa leva publicado: «Mi mundo en tus ojos» (2018), «La vida después de ella» (2020), «El ayer, nosotros y un mañana imposible» (2020) e «Nuestro último verano en la isla» (2024). Ademais da súa tarefa como autora, imparte obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria «Desquiciadas de libro». En 2025 gañou o XLII Premio Xerais de Novela con «Mulleres que viven xuntas», a primeira obra que publica en lingua galega. Fotografía da autora: Juan David Caseiras.

____

Editorial: Xerais 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 152
NARRATIVA