Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

LUZES 123. MUNDO LUGRÍS

por VV AA
€6,00
ISBN 9772387143021

Descobre o mundo de Lugrís nun especial dedicado ao seu mundoe a súa obraO artista galego morreu hai 50 anos, pero o universo que extraeu dos fondos mariños da memoria segue con nós.

  Manifesto
Mayday por un naúfrago xenial
Entrevista
Dende o fondo dos espellos
O escritor e poeta Xosé Luís Méndez Ferrín é un dos poucos amigos que trataron a Urbano Lugrís que segue con vida. Nesta conversa relembra as súas vivencias co pintor nun exercicio de reflexión íntima.
Xurxo Martínez
Reportaxe
Na conserveira naceu o pintor
O home, antes de ser artista, chegou a Bueu en 1942 con familia pero sen cartos. O encargo dos conserveiros Massó fixo abrollar un novo Lugrís coas súas primeiras pinturas.
Cláudia Morán
Reportaxe
Crestomatía de lugrisadas
Urbano Lugrís levou sempre un anecdotario ao lombo. O personaxe e a persoa sobreviviron, humor mediante, nunha Galicia gris, a reatoparse consigo mesma, mentres o ilusionante e excéntrico era penalizado.
Xurxo Souto
Ás ceibas
A épica do mar desde a paixón do realismo máxico
X. Antón Castro
Entrevista
Antón Patiño: «Lugrís é único, un raro xenial»
Antón Patiño leva décadas detrás da sombra de Ulyses Fingal, tamén coñecido como Urbano Lugrís. Conversamos con el ao redor dos seus misterios, soidades e escapadas, un mundo onírico no que o anecdotario íntimo do pintor sinala as súas coordenadas vitais e políticas.
Manuel Rivas
Reportaxe
Derroteiro Lugrís
Un percorrido polo mapa de obras fantásticas que Lugrís espallou pola xeografía galega: capelas, sanatorios, cafés, bancos ou espazos privados trazan un percorrido polo home xenial que lle puxo cor ao país.
Rodrigo Osorio
Análise
A ambición do BNG non chega ao Congreso
O BNG, malia subir en máis de 30.000 votos, non acada as expectativas. É o momento de facer re exión e reprantexarse os perfís presentados a Madrid.
Belén Teiga
Ás ceibas
O baleiro na guerra
Francisco Fernández Naval
Reportaxe
Lugrís, na Atlántida
A revista Atlántida naceu na Coruña para reunir a todos os profesionais e artistas supervivintes da matanza da guerra civil. Foi ao redor da cultura, as artes e a poesía reivindicativa. Malia a súa breve vida, foi un lugar común de liberdade.
Olivia Tudela
A outra xente
Cores e ventos
Antonio Sandoval
Reportaxe
Así era a «Capela Sixtina» de Lugrís
Urbano Lugrís puxo formas e cores ás paredes e teitos dun sanatorio compostelán dos anos 50. O edificio xa non existe, mais podemos recrealo nestas páxinas para coñecer unha das moitas magnas obras de Lugrs que se perderon na escombreira do progreso.
Rubén Ventureira
Caixa Postal
Galicia é unha illa
Antón Patiño

_____

Editorial: LUZES 12-2023

Idioma: Galego