Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ESPERTEMOS!

€9,95
ISBN 9788484876069

“Non sabemos o que nos está a pasar e iso é precisamente o que nos está a pasar”, escribe José Ortega y Gasset. Que nos pasa? Que está a pasar con Francia? No mundo? A nosa impericia provén dunha miopía con respecto a todo o que vai máis alá do inmediato? Dunha percepción imprecisa? Dunha crise de pensamento? Somnambulismo xeneralizado?

Tantas certezas foron varridas!

Como navegar nun océano de incerteza? Como podemos entender a historia que estamos a vivir? Como podemos admitir finalmente que, degradando a ecoloxía do noso planeta, estamos degradando as nosas vidas e as nosas sociedades? Como entender o mundo que está cambiando de crise en crise? Como concibir a incrible aventura da nosa humanidade? É unha carreira da morte ou unha carreira de metamorfose? Podería ser tanto unha como outra?

Espértemos!

Edgar Morín (París, 8 de xullo de 1921), nado Edgar Nahum, é un filósofo e sociólogo francés, director emérito de investigación no CNRS (Centre National de la Recherche Scientifique), doutor honoris causa por trinta e oito universidades de todo o mundo.

Edgar Morín é unha das grandes figuras intelectuais do noso tempo. Recentemente publicou en Denoël Changeons de Voie. Les leçons coronavirus (2020) e Leçons d´un siècle de vie (2021), estas dúas obras xa se traduciron, cada unha, a dez linguas, mais con Réveillons-nous! –Espertemos!– é a primeira vez que este autor se traduce ao galego, por Xosé Manuel Beiras.

_____

Editorial: Laiovento 11-2022

Idioma: Galego