É o relato da vida dunha moza que sofre un proceso de perda de identidade.
A novela desenvólvese desde a Segunda República Española até os inicios da Posguerra.
A protagonista é Natalia, unha moza orfa de nai que coñece a Quimet na carpa da Praza do Diamante durante a Festa Maior de Gràcia, e co que casará un ano máis tarde. Nese momento, inicia un proceso de perda de identidade nunha submisión completa baixo o poder do Quimet. Deixa de ser Natalia para converterse na «Colometa»
Na Barcelona convulsa da preguerra e da posguerra, Natàlia –Colometa– arrástrase entre as tarefas domésticas, os fillos, o pan e a escaseza, sen apenas saber quen é. A súa é a historia dunha muller sometida a un matrimonio opresivo nun mundo que lle impón silencio e obediencia, pero tamén a dunha conciencia que esperta, a dunha linguaxe que se abre paso ata atopar a súa verdade.
Mercè Rodoreda constrúe un relato inesquecible sobre a perda, a resistencia e a procura dunha voz propia, un clásico contemporáneo sobre a experiencia da submisión e do medo, contado desde o corazón dunha vida aparentemente pequena en que latexa, porén, a historia colectiva dunha xeración de mulleres.
Crónica fiel da Barcelona de posguerra, este libro en aparencia miúdo é unha xoia literaria, e sen dúbida una das mellores novelas españolas do século xx e a obra mestra, segundo a crítica, da literatura feminina catalá.
A praza do Diamante publicouse por primeira vez en 1962 en Barcelona.
Desde entón traduciuse a máis de trinta idiomas, foi levada ao cinema e ao teatro e converteuse nun clásico contemporáneo indiscutible.
Mercè Rodoreda i Gurguí, nada no barrio de Sant Gervasi de Barcelona o 10 de outubro de 1908 e finada en Xirona o 13 de abril de 1983, foi unha escritora catalá, máis coñecida como novelista e contista, pero tamén escribiu algunhas obras de teatro e poesía lírica.
Foi a novelista catalá máis importante da posguerra pola densidade e o lirismo da súa obra. Foi a autora da novela en catalán máis aclamada de todos os tempos, La plaça del Diamant (1962), que pode lerse en máis de corenta idiomas. Empezou escribindo contos para revistas, como escape a un decepcionante matrimonio, e unha serie de novelas que ela mesma rexeita posteriormente, a excepción de Aloma (1938), gañadora do Premio Crexells.
A principios da guerra civil española traballa no Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña e na Institució de les Lletres Catalanes. Exiliada primeiro en varias localidades francesas e despois en Xenebra, rompe o seu silencio de vinte anos con Vint-i-dos contes (Vinte e dous contos, 1958), que obterá o Premio Víctor Català. Con El carrer de les Camèlies (A rúa da camelias, 1966) gaña o Premi Sant Jordi, o da Crítica e o Ramon Llull. A mediados dos anos setenta volve a Cataluña, á poboación de Romanyà de la Selva, onde conclúe a novela Mirall trencat (Espello roto, 1974) e, entre outras narracións, aínda publica Viatges i flors e Quanta, quanta guerra en 1980, ano no que lle é outorgado o Premi d'Honor de les Lletres Catalanes. Foi membro e Socia de Honra da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.
A obra de Rodoreda é o froito da evolución persoal e literaria da autora. Aprécianse sobre todo influencias de Marcel Proust, Joan Sales, Armand Obiols, Virginia Woolf, Thomas Mann, Víctor Català, Josep Carner e Delfín Dalmau. no que se pode atopar a pegada de diferentes autores ao longo de toda a súa obra literaria, é nas súas primeiras obras, cando buscaba o estilo propio, onde esta influencia é máis latente.
A obra literaria de Mercè Rodoreda caracterízase polo uso de personaxes principais femininos nas súas novelas, exceptuando Un día en la vida d'un home e Quanta, quanta guerra ... Este feito provocou que erroneamente se asociase a Rodoreda co movemento feminista, aínda que Rodoreda en varias entrevistas desmentiuno.
«A praza do Diamante é, ao meu xuízo, a máis bela novela que se publicou en España despois da Guerra Civil. O meu cegamento foi apenas comparable ao que me causaba a primeira lectura de Pedro Páramo, de Juan Rulfo, aínda que os dous libros non teñen en común senón a transparencia da súa beleza».
Gabriel García Márquez.
Tradución: Pilar Vilaboi Freire
Prólogo de María Villamarín
_____
Editorial: Rodolfo e Priscila 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 254
NARRATIVA
REALISMO
GUERRA CIVIL
A PARTIR DS 14 ANOS