Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

OLIVER TWIST (PACK)

€24,00
ISBN 9788417388546

Pack para quentar a alma nun mundo cruel (edición limitada)

Que mellor plan para este inverno que engancharte a un clásico mentres tomas unha infusión nunha cunca especial? Tes que facer un agasallo a alguén a quen a vida trata regular? Aproveita esta ocasión para conseguir este pack composto por:

-un exemplar de Oliver Twist, en edición en tapa dura forrada en tea, con ilustracións en branco e negro e múltiples anotacións para entender a obra;

-unha cunca co deseño da cuberta;

-un té inglés para quentar o corpo.

Oliver é un orfo abandonado nun hospicio que se ve empurrado a convivir con delincuentes nos baixos fondos londinienses. As súas peripecias para vencer o seu destino e forxar o seu propio destino son narradas de forma maxistral por Dickens, que combina habilmente a vívida descrición de ambientes e personaxes e o sentido do humor para retratar a situación de opresión social da época 

____

Traducido ao galego por Moisés Barcia 

Editorial: Sushi book  010-2023

Idioma: Galego