Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VALENTINA NUNCA CALAS E O MONSTRO DA MEDIA CARA

€14,90
ISBN 9788498717112
A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida:
aquela nena nunca nunca calaba.
Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle:
- Non enredes polo camiño.
Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara…
Hai medos comúns a todas as persoas, e moitos outros que afectan só a algunhas delas, segundo a personalidade de cada quen.
Neste caso, a protagonista atopa na súa capacidade de expresión un recurso fantástico -tamén
autobiográfico?- para superar unha mecánica cerebral difícil de controlar, asumindo con sensatez racional, unha situación que non sabemos se é realmente perigosa.
Valentina expresa o que sente, increpa os seus propios medos, arrólaos ata adurmiñalos. Quizais esta é a verdadeira valentía da protagonista: Non calar ante o monstro que a persegue!

        ____

        Editorial: OQO 03-2023
        Idioma: Galego