Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CADERNO DE ANIMALISTA

€19,00
ISBN 9788498710649
As señoritas de Avignon reconvertidas en mandrís; a sex symbol Mae West (Dalí), en león; as bailarinas de Degas, en flamengos sometidos a duros ensaios para alcanzar a fama… Un paseo pola pintura do último século, revisitada con humor e ironía, desde unha perspectiva singular: o reino animal. Ensinar a mirar, espertar a nosa curiosidade por obras xeniais, vangardas e individualidades relevantes da arte, nun diálogo coa ficción literaria é o que nos propón este Caderno no que protagonistas insólitos, inspirados en obras emblemáticas dos dous últimos séculos, son quen de producir sensacións e significados novos. Sorprenderémonos descubrindo os amantes de Klimt como líricos tigres-noivos, á Marilyn (Warhol) multiplicándose como un camaleón narcisista, ou á atormentada e inconformista mona Chita, xubilada do espectáculo, protagonizando O Ouveo de (Munch). Con bufanda vermella e abrigo negro, atoparemos a Aristide Bruant, famoso escribán lapón, cantándolle no Ambassadeurs de París á súa paxara idolatrada, quizais baixo a mirada atenta do mestre Toulouse-Lautrec e dos papagaios, clientes habituais do cabaré. A Maja (vestida ou espida), reencarnada en ovella, contaranos, sen pudor, as últimas murmuracións da prensa rosa… Magritte, Botero, Klee, Mondrian, Brancusi… Stein, Joyce, Curros… teñen unha débeda con este Caderno? Pintura e literatura fronte a una fauna diversa para achegarnos ao mundo da arte con outra mirada.

____

Editorial: OQO 03-2023
Idioma: Galego