Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BURBULLAS DE CALMA SERENA

€15,50
ISBN 9788412458626

Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.

Andrea Maceiras
Penso que a vida sen literatura é menos vida.Polo menos, eu non imaxino a miña existencia sen ela.Son doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Ademáis de facer labores de investigación, traballei como profesora de secundaria o que, sen dúbida, supuxo unha experiencia moi positiva e inspiradora. Actualmente dedícome de forma profesional á escrita. As charlas, cursos e obradoiros literarios permítenme compartir a miña experiencia con moitas persoas, ainda que adoito ter a sensación de que son eu quen máis aprende.Penso que a literatura forma parte do que somos, dos nosos pensamentos e emocións, das nosas palabras.E iso é o que trato de reflectir nas miñas historias.
Ao principio…
…escribín os meus primeiros contos para a miña irmá pequena e quizáis por iso sempre me sentín moi cómoda na literatura infantil e xuvenil. A miña primeira novela, Proxecto bolboreta viu la luz da man de Xerais en 2007 grazas a que foi galardoada no I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. A esta historia seguírona outras, como Violeta tamurana, Premio Meiga Moira 2010; O segredo do lagarto arnal; Nubes de evolución, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia; Miña querida Sherezade, Premio Meiga Moira 2014 e Volverás golfiño, finalista do Premio Merlín.
Despois…
…en 2015 gañei o premio Jules Verne coa miña novela Europa Express, unha historia de viaxes e de intriga psicolóxica. En 2018 quedei finalista do premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, que aborda o tema do bullying dende a perspectiva dunha acosadora pasiva.A miña novela número nove, Conta nove estrelas, obtivo o Premio Lazarillo en 2018, ademais do Frei Martín Sarmiento, concedido polas Escolas Católicas de Galicia.En 2020 obtiven o Premio Merlín por A folla azul, unha historia ambientada na selva amazónica que relata as aventuras de Husu Aké, unha nena que se enfronta aos perigos que ameazan a natureza salvaxe para salvar á súa tribo.Neste mesmo ano concedéronme o premio dos Clubes de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. É un dos recoñecementos que máis valoro porque implica o cariño e a confianza de moitos lectores e lectoras.

____

Editorial: Cuarto de inverno 10-2023
Idioma: Galego
Colección: INFANTIL