Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SABELA ALMIRANTA DOS MARES DO SUR

€14,00
ISBN 9788493874766
A raíña de Saba dos Mares do Sur. Cúmprense 450 anos do nacemento desta galega de película, primeira muller co rango de almirante na historia e protagonista dunha vida repleta de aventuras.

Na época das grandes exploracións hai unha especialmente chamativa e, sobre todo, especialmente esquecida. É aquela que comezou para facer  a viaxe máis longa e nunca antes feita daquelas embarcacións de menos de trescentas toneladas chamadas naos e acabou sendo dirixida pola primeira, e única,  galega almiranta do mar, gobernadora e adiantada maior. Diso vai este libro, da viaxe e da historia de Sabela de Barreto. A figura feminina pasou prácticamente desapercibida no relato colonial. O caso é que existe unha longa tradición hispana de mulleres acompañando aos seus soldados, pero é o que teñen os prejuicios, que se perpetúan. Por isto, a figura de Isabel Barreto é excepcionalmente interesante. Isabel naceu en Pontevedra en 1567, no seo dunha rica familia de exploradores e gobernadores portugueses, os Barreto. Sendo pícara trasladouse coa súa familia ao Virreinato do Perú, onde aos 18 anos contraeu matrimonio en Lima co adiantado Álvaro de Mendaña. Dez anos logo da súa voda, o 16 de xuño de 1595, Barreto embarcouse na flota que o seu marido organizou para fundar unha cidade nas illas Salomón, na illa de Santa Cruz, Álvaro de Mendaña enferma gravemente de malaria e falece. A morte deste último días despois deixa a Isabel Barreto co cargo de «adiantada do mar océano». É así a primeira muller na historia que accede ao almirantazgo.

____

Editorial: as.pg
Idioma: Gallego