A memoria é necesaria malia o tempo transcorrido.
Por iso, vinte anos despois do desastre do Prestige, daquela mobilización social sen precedentes, varios autores e autoras lembran, coas súas palabras, aqueles días incertos e aciagos.
Vinte voces que berran, todas a unha, coma naquel afastado 20 de novembro de 2002. E, con elas, os rostros, os acenos e as mans dos que estiveron en primeira liña, os retratos dos protagonistas, baixo a mirada de José Luís Abalo, que loitaron heroicamente contra unha marea negra que quixo devorarnos, mais que non o logrou.
O DESARTRE DO PRESTIGE. 2002
O desastre do Prestige foi un derrame de petróleo en Galicia provocado polo afundimento do buque petroleiro Prestige en 2002. O accidente afectou a 2000 quilómetros de costa española, francesa e portuguesa. O 13 de novembro de 2002, o petroleiro monocasco Prestige accidentouse nunha tormenta mentres transitaba cargado con 77.000 toneladas de fuel pesado fronte á Costa da Morte, no noroeste de España. Tras varios días de manobra para o seu afastamento da costa galega, acabouse afundindo a un 250 km da mesma
Catastrofe medioambiental
A vertedura da carga causou unha das catástrofes ambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada, unha zona comprendida desde o norte de Portugal ata as Landas de Francia. O episodio tivo unha especial incidencia en Galicia
A loita da sociedade galega
Ante a incompetencia e a falta de medios de Xunta e Goberno, centos de mariñeiros lanzáronse a defender as rías, pescando coas súas redes e as súas propias mans o chapapote. A sociedade civil autoorganizada, as confrarías de pescadores, as mariscadoras, as asociacións, foron as que deron resposta á catástrofe ante a incomparecencia das autoridades.
Solidaridade e voluntariado
Xerouse tamén unha onda de solidariedade en todo o Estado e en moitos países. Acudiron miles de persoas voluntarias, unha marea branca fronte á marea negra, para limpar de chapapote as costas galegas, traballando durante varios meses. Foron días de bágoas e dor, de mentiras e rabia que espertaron no pobo galego unha onda de indignación que asolagou a praza do Obradoiro seis veces na histórica manifestación do 1 de decembro de 2002.
O 21 de novembro de 2002, dous días despois do afundimento do barco fronte á Costa da Morte, co litoral galego agonizando, tomado polo chapapote, un grupo de intelectuais reúnese con dirixentes do BNG e aproban a creación dunha plataforma desde a que canalizar unha manifestación de repulsa pola catástrofe.
O desastre do Prestige, pódese volver producir
Ecoloxistas en Acción alerta de que a catástrofe do Prestige pódese repetir en calquera momento, xa que ao redor de 40.000 barcos ao ano, e aproximadamente un de cada tres (38 ao día), transporta mercadorías perigosas, ademais do seu combustible.
_____
Editorial: GALAXIA 10-2022
Idioma: Galego