Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS MULLERES DA CONSERVA

€12,00
ISBN WP2502
Nesta obra, que abre unha colección de monografías, a A. C. A Cepa, tras un laborioso e dedicado traballo de recompilación, pretende lembrar documental e fotográficamente, todo o pasado laboral e social das mulleres que deixaron os seus días “nas conserveiras de Cangas, do Morrazo, de toda Galiza, mulleres da mar tendida, mulleres de mar e mulleres de Oamar”.

Mulleres, nais, fillas, mozas, labregas, conserveiras... Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno, lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan... Mulleres que traballaban fóra e dentro da casa, usando a gadaña e o fouciño nas tarefas agrícolas coas mesmas mans que arrulaban os fillos, cun canto de berce á calor da lareira. Mulleres que todo o facían cantando, que daban todo polos demais, mulleres fortes por fóra e cun corazón moi grande por dentro. Mulleres que deron a vida polos seus seres queridos, pola súa terra, polos seus fogares. Muller galega que tes miles de nomes: Mercedes, María, Pilar, Josefa, Luisa, Carmen,... Muller, nai, filla, moza, labrega, redeira, conserveira, ... Con esta homenaxe búscase “devolverlles algo do moito que levan feito por todos nós” en épocas de traballos e, tamén, de alegrías compartidas, nunha vila, nunha comarca que, se algo tiña naqueles tempos, era “persoas e conserveiras”.

____