Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DE PROFUNDIS

€18,00
ISBN 9788461247653
Edición en formato libro e en tradución ao galego da historia que Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) escribiu a partir dunha serie de óleos e que serviu de base para a realización do filme de animación do mesmo título.

Edición en formato libro e en tradución ao galego da historia que Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) escribiu a partir dunha serie de óleos e que serviu de base para a realización do filme de animación do mesmo título. A historia sitúase nunha casa no medio do mar na que viven namorados unha muller que toca o violonchelo e un pintor engaiolado polo universo mariño. O pintor, nunha das súas saídas ao mar canda os pescadores para gozar das súas cerimonias e do silencio e debuxar criaturas reais e imaxinadas, cae vítima dunha terrible maldición namentres a súa amada agarda por el inutilmente. Pecha o volume un “Caderno de bitácora” no que se reproducen oito páxinas de deseños e bocetos previos.

____

Editorial: El Patito Editorial 10-2008

Idioma: Galego