Inspirado na historia real de Mamed Casanova, Toribio. A cabalo entre os séculos XIX e XX, nunha Galicia en que as cidades comezaban a engulir o rural e en plena época de emigración, Mamed, lonxe de cumprir o seu soño de emigración para procurar éxito en América, refuxiouse nos montes para forxar a lenda do último bandoleiro clásico.
Unha apaixonante historia marcada pola acción e o dramatismo, acerca dun personaxe que foi condenado ao malditismo pola prensa da época e mitificado por escritores como Valle-Inclán ou Emilia Pardo Bazán.
____
Editorial: Demo 2014Idioma: Gallego