
Outubro de 1965. A comparsa de xigantes de Pamplona, imaxe típica das festas de San Firmino, é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, non todos poderán saír: debido á discriminación racial, as autoridades norteamericanas prohibirán a participación dos dous xigantes negros.
A partir deste feito real, BLACK IS BELTZA narra a historia de Manex, o mozo encargado de portar un dos xigantes. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippy dos primeiros festivais de música.
Fermin José Muguruza Ugarte, nado en Irún (Guipúscoa) o 20 de abril de 1963, é un cantante, instrumentista e produtor musical vasco, tamén coñecido como Comandante Muguruza ou DJ Laia. Irmán dos tamén músicos Iñigo e Jabier Muguruza, é unha das figuras máis influentes e carismáticas do panorama musical vasco. Ademais de cantar, toca a guitarra e o acordeón e manexa as programacións.
Harkaitz Cano, nado en Lasarte-Oria (Guipúscoa) o 4 de agosto de 1975, é un escritor en lingua vasca.
Comezou a súa andaina literaria no colectivo literario Lubaki Banda, creado en 1993. A súa bibliografía abrangue a poesía, novela ou os relatos. É licenciado en dereito na UPV de San Sebastián, aínda que nunca exerceu. É colaborador habitual de varios xornais do País Vasco, así como guionista de radio e televisión.
Parte da súa obra está traducida ao castelán, italiano, alemán, grego e galego.
____
Editorial: Demo 03/ 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 144
BANDA DESEÑADA