No ano 1870 realízanse varias reformas na Torre de Hércules. Durante eses labores atópanse unhas vellas táboas de madeira escritas polo arquitecto do faro. Isto revelará un segredo ancestral relacionado co lendario líder castrexo Breogán e coa antiga cidade de Brigantia. O poeta Eduardo Pondal e o intrépido bandoleiro Antón Dedo d´Ouro coincidirán nesta perigosa aventura, enfrontándose a un sinistro grupo de carlistas e membros da igrexa que agochan algo en relación co descubrimento. Conseguirán Pondal e Antón desentrañar o misterio da tumba de Breogán?
Idioma: Galego
____
Editorial: DemoIdioma: Galego