Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...
Primeira parte dunha serie de cómic de fantasía xuvenil que se inspira nas tradicións prehistóricas e medievais para propoñer unha historia de aventuras. Todo comeza coa chegada de Lara a unha vila mariñeira onde, á parte de lidar cunha mudanza, terá que afacerse aos seus poderes esotéricos. Os autores, tres debutantes no xénero, conseguen crear unha historia moi completa e con ecos familiares do xénero. Na segunda impresión sería necesaria unha revisión ortotipográfica máis profunda.
BIOSBARDIA
ANDRÉS CASTRO GARCÍA (A Coruña, 1976) defínese como crítico de cinema, guionista, pai a tempo completo e funcionario no tempo libre. Desde 2013 leva a sección de cinema no Sermos Galiza (Nós Diario). Foi xurado en diversos festivais galegos, participou no libro colectivo Vaca Films, paixón polo cinema, e dirixiu e guionizou varias curtametraxes. Sentinelas da lúa carmesí marca o seu debut na BD.
OZO PEROZO (Xosé A. Perozo Porteiro) naceu en Vigo en1975 e traballa coma director no audiovisual galego,tendo participado en series como A lei de Santos, Método criminal ou Serramoura. Cunha ampla formación como guionista, escribiu para series como O Faro e Fontealba e actualmente imparte cursos de guión cinematográfico. Sentinelas da lúa carmesí é o seu primeiro traballo en banda deseñada.
ALEXANDRE SENANDE DÍAZ naceu en Santiago de Compostela en 1991. Estudou Belas Artes na universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra, e especializouse en debuxo e
guión de cómic na Escola Profesional de Banda Deseñada “O
Garaxe Hermético”. Comezou a súa carreira profesional coa obra Sentinelas da lúa carmesí.
_____
Editorial: GALAXIA 10-2023
Idioma: Galego