A historia dun mozo que perde o seu traballo, o que provoca que intente reorientarse na vida, constitúe un retrato moi directo dunha xeración que na actualidade goza de titulacións universitarias pero que non encontra o seu espazo laboral.
A crítica social a través da ironía e o humor salpica esta historia de debuxo preciosista, ambientada en Santiago de Compostela e outras localidades galegas como O Porto de Santa Cruz, en Oleiros. En palabras de Miguelanxo Prado, «unha achega madura, necesaria e importante á BD galega».

____