Esta é a primeira novela gráfica de Borja Dierez, unha adaptación da novela omónima Die augen des ewigen Bruders. Eine Legende, de Stefan Zweig (Austria, 1881-1942, Brasil).
Os ollos do irmán eterno é unha alfaia rescatada das cinzas dun século, escrita en forma de lenda, narra a vida do seu protagonista, Virata.
Deixando unha poderosa mensaxe entre liñas: “As decisións acertadas nacen de sintonizarnos co noso corazón. Escoitar o seu silencio como un mandato fronte ás mil voces do mundo, denota a presenza dunha intelixencia que nos conducirá inevitablemente, de ser mantida coa forza da vontade, á sabedoría. A unha paz cimentada no valor da coherencia entre pensamentos e actos”.
Zweig, Stefan (Viena, 1881 – Petrópolis, Brasil, 1942) é un dos autores máis lidos da primeira metade do século XX e testemuña fundamental para comprender a Europa de Entreguerras. Foi novelista, ensaísta e biógrafo dunha prosa elegante e delicada. O final da súa vida estivo marcado de xeito tráxico polo exilio errante que iniciou coa súa muller Lotte en 1936 fuxindo da barbarie nazi.
Editorial: Galaxia 06-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 76
NOVELA GRÁFICA