Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.
Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco. Le petit roi de Galice, publicado dentro da obra magna de Hugo La légende des siècles, recuperada a tradición medievalista dos autores románticos enxalzando a loita clásica entre o ben e o mal. Unha banda deseñada na categoría de delicatessen.
Texto orixinal: Victor Hugo
____
Editorial: Demo 03- 2023Idioma: Galego