O coñecido mutante Lobezno é o protagonista das dúas historias curtas que reúne esta edición en galego do traballo de Das Pastoras (Santa Uxía de Ribeira, 1962) para a Marvel Comics.
Curva perigosa e Revólver, guionizadas respectivamente por Joseph Clark e Victor Gischler, ofrécennos a oportunidade de nos achegar a dúas aventuras illadas do personaxe e coñecer a particular proposta dun dos mellores debuxantes do panorama actual. As imaxes de Das Pastoras atrapan dende a primeira páxina e nelas presenta un Lobezno temible, atmosferas desacougantes e unha boa selección de esmerados planos curtos. Un volume que impacta pola tensión e a agresividade que se desprende dalgunhas das escenas e que fai que o lector, tras chegar á última páxina, pida máis.
Idioma: Gallego

____
Idioma: Gallego