BLACK IS BELTZA: AINHOA. (GALEGO)
DESCONTO LANZAMENTO: 5% (Dispoñemos da edición en Castelán)
Ainhoa nace de milagre en La Paz (Bolivia), tras morrer a súa nai, Amanda, nun suposto atentado parapolicial. Crece en Cuba e, en 1988, aos 21 anos, comeza unha viaxe iniciátiva, co País Vasco como primeiro destino, para coñecer a terra de Manex, o seu pai. En pleno conflito represivo, coñece a Josune, unha xornalista comprometida, e a súa cuadrilla de amigas e amigos. Cando o mozo de Josune morre por sobredose de heroína, esta decide acompañar a Ainhoa na súa viaxe, que as levará ata Beirut, despois a Kabul e finalmente a Marsella. Son os últimos anos de Guerra Fría e ambas internaranse no escuro mundo das redes no narcotráfico e os seus estreitos vínculos coas tramas políticas.
Fermin Muguruza (Irún, 1963) é, entre moitas cousas, músico e director de cinema, e desde logo una das figuras máis influentes e carismáticas do panorama cultural vasco. Xunto ao seu irmán Iñigo, en 1984 fundou Kortatu. A súa evolución musical desde entón foi imparable, tanto coas bandas Kortatu e Negu Gorriak como tamén en solitario, abrazando a creación en eúscaro e virando incansablemente por todo o mundo. Ademais, como director de cinema conta no seu haber con máis dunha decena de documentais musicais e dúas películas de animación, Black is Beltza e Black is Beltza II: Ainhoa.
Harkaitz Cano (Lasarte-Oria, 1975) é escritor, poeta e guionista. Foi galardoado por tres veces co Premio Euskadi de Literatura e outras tantas co da Crítica. A súa obra foi traducida a unha ducia de linguas. Así mesmo, traduciu ao eúscaro a autores como Sylvia Plath, Anne Sexton, Hanif Kureishi, Raymond Carver ou Allen Ginsberg.
Susanna Martín (Barcelona, 1976) é unha das autoras de cómic máis relevantes do panorama español. En 2019 publicou a súa primeira novela gráfica en solitario, Residencia de estudantes, á que precederan, entre outras, O paradoxo de Fermi (2018, xunto a Miguel *Á. Giner Bou) e Annemarie (2019, xunto a María Castrejón).
____
Editorial: Demo 10- 2022Idioma: Galego