Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A PROFECIA DO ARMADILLO

€20,00
ISBN 9788419795168

Chámaselle profecía do armadillo a calquera previsión optimista fundada en elementos subxectivos e irracionais tomados como lóxicos e obxectivos e destinada a alimentar decepción, frustración e lamentacións polos séculos dos séculos, amén.

A profecía do armadillo publicouse por primeira vez en 2011, nunha autoedición de 500 exemplares que Zerocalcare distribuíu en persoa polas librerías de Roma e vendeu despois por internet. A partir de aquí os acontecementos precipítanse: pon en marcha un blog que acada un éxito inmediato, a editorial BAO publica A profecía do armadillo en cor e logo veñen outros álbums, que se venden por centos de milleiros de exemplares.

En 2017 BAO reedita A profecía do armadillo no seu formato orixinal en branco e negro, cun novo limiar no cal o Zerocalcare de 2017 retrocede no tempo para falarlle ao seu eu de 2008, que está a piques de debuxar ese primeiro álbum que tes agora nas mans. Esa edición de 2017 é a que ofrecemos agora en galego.

«O éxito da obra de Zerocalcare, A profecía do armadillo, débese a que soubo interceptar un sentir xeracional, un sentimento de inadecuación e de expectativas traizoadas.»
J. Barranco, A Vangarda«Zero Calcare publica en España A profecía do armadillo, un cómic autobiográfico que brota da morte dunha amiga. O debuxante italiano ten vendido máis de 25 millóns de cómics.» Beatriz Perez, La Voz de Galicia.

Traducido por Moisés Barcia

Zerocalcare é o pseudónimo de Michele Rech (Arezzo, 1983), debuxante de cómics e ilustrador, así como activo veciño do barrio romano de Rebibbia. En 2011 publicou o seu primeiro libro de banda deseñada, A profecía do armadillo, co que obtivo o Premio Gran Guinigi, o máis importante do cómic en Italia. Esta obra conseguiu gran sona internacional grazas á adaptación audiovisual de Netflix (Cortar pola liña de puntos).

____

Editorial: Rinoceronte 04-2024
Idioma: Galego