Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ

€20,80
ISBN 9788411762519

Da tradición galega saca a inspiración para moitas das receitas que propón: as filloas, os amendoados, o arroz con leite, e a empanada de mazá.... Merchi asegura que o segredo para ser tan feliz está contado neste libro.

Na cociña de Merchi Rodal flota un recendo bárbaro a canela e a manteiga, porque sempre ten algo tentador no forno. Da tradición galega saca a inspiración para moitas das receitas que propón: as filloas, os amendoados, o arroz con leite, e a empanada de mazá.... Merchi asegura que o segredo para ser tan feliz está contado neste libro.

Merchi Rodal

Xerente do Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A, onde practica as súas Lambetadas. É licenciada en Ciencias do Mar e Técnico Superior en Cultivos Mariños, e o tema da repostería e da hostalería venlle de familia. O seu negocio hostaleiro vai pola terceira xeración. Xa o seu avó, alá polos anos 50 dicía que algún día poderíase vivir do turismo, e apostou por iso. O restaurante coñecido en Cangas como “A de Mallo”, foi un referente da mellor cociña galega da zona, onde o que premiaba era a fantástica materia prima das nosas rías e dos nosos campos.
Colabora en Larpeiros da TVG..

____

Editorial: Galaxia