Cousas é a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, Castelao inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única.
____