Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigo como centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas da memoria política do autor; o texto é un único poema en que se dilata e se fragmenta, se prende e se leixa, se fía e desenfía arredor de Vigo.
Arredor dos múltiples Vigo, pois "Fóra do sagrado" fálanos dun Vigo que, a pesar da súa centralidade, resulta moitas veces contracanónico, arraiano, exterior, maldito, irredutible. E fálanos de Vesteiro Torres e Martín Códax, de Lavadores e do Berbés, dun Vigo de Rosalía de Castro e de Rotbaf Luden, do 36 e do 72, de Bembrive e de Príncipe, o Vigo dos trasantlánticos e o dos cabalos bravos do Galiñeiro. En definitiva, Vigo asalta o papel protagonista que para o autor merece na paisaxe literaria de Galicia.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego