Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

VÉRTICE DE VERSOS

€15,00
ISBN WP11428
  Poetas de Galicia adentrannos na lírica do novo milenio. Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

Un documental de Carlos Lorenzo É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética. Unha nutrida xeración de poetas de Galicia chaman a atención pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus poemas traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo axuda a comprender esta situación.

____


Idioma: Castellano