Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

NOS DÍAS ENCANTADOS DE AGOSTO. UNHA BIOGRAFÍA DE JOSÉ GIL

por VV. AA.
€20,00
ISBN 9788491519423

XXXVIII Premio Losada Diéguez  2023

Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo. Para unha historia do cinema en lingua galega.

Manolo González.

Dende que era o axudante adolescente do seu pai na cabina do cinema Avenida da Rúa (Ourense), viviu na mocidade fascinado e enleado polo universo cinematográfico a través da participación en varios cineclubs. Profesionalmente encetou coas primeiras experiencias de cine e vídeo nas aulas en 1982. En 1984 foi responsable da Area de Cine e Cídeo na Dirección Xeral de Cultura de Luís Álvarez Pousa, organizando as primeiras axudas públicas ao audiovisual galego e a posta en marcha do Arquivo da Imaxe de Galicia. Traballou nas áreas de realización e produción en curtametraxes e programas da TVG dos anos oitenta. Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998), participou activamente na investigación e catalogación do galego e a memoria audiovisual da emigración, con publicacións e traballos de campo an Arxentina, O Uruguai, México e Cuba. Entre outros, publicou Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990), así como colaboracións en libros colectivos, folletos e artigos, nomeadamente sobre política e patrimonio audiovisual, cinema da emigración e formación audiovisual. Foi director de desenvolvemento da produtora de animación Dygra Filmes (2004-2005) e creador e director da Axencia Audiovisual Galega, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009) e profesor de produción na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e no MPXA (Máster de produción e xestión audiovisual), na actualidade, exerce como profesor de Historia de España e Cultura audiovisual no IES Concepción Arenal de Ferrol, mentres segue a participar no encontro de cineastas Chanfainalab en San Sadurniño (2014-2022).

____

Editorial: GALAXIA 11-2022
Idioma: Galego