Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CASTELAO. CONSTRUTOR DA NACIÓN. TOMO III 1940-1950

€43,00
ISBN 9788491517627

Terceiro e derradeiro tomo da monumental biografía de Castelao escrita por Miguel Anxo Seixas coma se dun diario da vida cotiá de Castelao se tratase, combinando os fitos da súa cronoloxía persoal cos da súa traxectoria pública. Desde a obtención do permiso de residencia na Arxentina e a publicación de Sempre en Galiza ao seu papel como ministro do goberno da República no exilio, tamén o Castelao artista, con A derradeira leición do mestre, e as súas viaxes a México e Nova York. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

____

Editorial: Galaxia 12-2021
Idioma: Galego
Páxinas: 1092
BIOGRAFÍA
BIBLIOTECA CASTELAO

También te podría interesar...

  • ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO

    Henrique Monteagudo
    €18,50

    Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras ...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.V

    OBRAS CASTELAO T.V

    Castelao
    €28,15

    O Diario 1921 e outros textos sobre a arte nun só volume. Este libro reúne os escritos de Castelao sobre a arte, un dos seus grandes temas. Inclúe ...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.III

    OBRAS CASTELAO T.III

    Castelao
    €29,15

    Os escritos políticos de Castelao reunidos nun único volume. A edición deste libro supón reunir nun só volume os escritos de carácter político que ...

    Ver todos os detalles
  • PARA LER A CASTELAO T.I

    PARA LER A CASTELAO T.I

    VV.AA.
    €27,10

    Tomo de apoio ás Obras de Castelao que inclúe material valiosísimo para estudosos e curiosos. Estrutúrase en tres partes. Na primeira M. A. Sei...

    Ver todos os detalles
  • OBRAS CASTELAO T.I

    OBRAS CASTELAO T.I

    Castelao
    €26,00

    Por primeira vez nun só volume todas as obras literarias de Castelao.Todas as obras de ficción de Castelao aparecen reunidas neste tomo. A edición...

    Ver todos os detalles