Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRICKSTAR

€17,00
ISBN 9788412948943

Ano 2076. Nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Julie Alban é arquitecta de sistemas, pero tamén unha veterana piloto do Consorcio, o organismo supranacioinal que está a dar os primeiros pasos na conquista do sistema solar. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes que a converterá na primeira pirata espacial.

Manuel Esteban

Naceu en Vigo, en 1971. É escritor, médico de familia e profesor de Formación Profesional.
Licenciouse en medicina e cirurxía pola USC e exerceu nos sistemas públicos de saúde de Asturias, Canarias e Galiza. Desde o ano 2011 é profesor de procesos de diagnóstico clínico. Do ano 2008 ao 2016 foi vicepresidente de Downvigo.
Publicou as novelas A ira dos mansos (Premio Xerais de Novela, 2016), O meu nome é Ninguén (Xerais 2018) e A vinganza dos homes bos (Xerais 2020), protagonizadas polo inspector Carlos Manso. Tamén publicou as obras de ciencia ficción Setestrelo (Xerais, 2023) e O xogo de Escher (Premio Cidade Centenaria de Riveira, Xerais, 2023).

      

____

Editorial: Boadicea 4-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 150
CIENCIA FICCIÓN
NARRATIVA