Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GUERRILLEIR@S ANTIFRANQUISTAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

€28,40
ISBN 9788411761727

Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha fal sidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos.
É este un traballo rigoroso onde a autora achega un catálogo de combatentes anti-
franquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamén con conexións noutras provincias.
Recóllense biografías individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenómeno das
guerrillas na provincia da Coruña, a máis activa e combativa, aínda que en todo o país tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura.
Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade García Foucellas, Manuel
Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodríguez Fernández
Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un
salientable traballo de pescuda arquivística que nos achega Lupe Martínez.

LUPE MARTÍNEZ (A Coruña, 1979), é licenciada en Socioloxía e funcionaria de carrei-
ra na Administración autonómica.
Membro da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña e colaborado-
ra de Nós Diario, publicou o libro Coa man armada. Ejército Guerrillero de Galicia – IV
Agrupación (1946-1948) (2007), ademais de artigos sobre memoria histórica, nomeada-
mente, da guerrilla antifranquista.

_____

Editorial: Galaxia 11-2023
Idioma: Galego