Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

AVILES DE TARAMANCOS. UN FRANCOTIRADOR DA FERMOSURA.

€14,00
ISBN 97884849562284X
Ao longo de 300 páxinas reconstruíse a vida, non só do escritor, tamén e sobretodo do ser humano, coas súas luces e sombras. E faise a partir de valiosísimos e fidedignos testemuños orais e escritos, de fontes documentais, en grande parte inéditas, e da correspondéncia persoal, alén, claro é, da investigación da autora. Incluíse asimesmo abundante material gráfico, en moitos casos inédito. Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura organízase en catro grandes capítulos: IInfancia e adolescencia en Taramancos IIBoemia e poesía na Coruña IIISaudade da terra e amor a Colombia IVRegreso a Ítaca

A lenda que se teceu arredor do poeta de Taramancos encobriu a importancia da súa obra no panorama da literatura galega do século XX. A imaxe de escritor boemio, aventureiro, cazador de tigres, taberneiro… escureceu unha intensa traxectoria dedicada ao cultivo literario, nomedamente poético, unha vocación decidida por Avilés desde neno. Por encima desa vida azarosa de certas etapas da súa vida, inzada de episodios e anécdotas, que se recuperan nesta biografia, está a personalidade dun home sensíble, vocacionalmente entregado, rebelde, comprometido coa súa terra e coa súa lingua, e autor dunha excelente obra poética, que o situa nun lugar de relevo nas Letras Galegas.  

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego