Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A PETICIÓN DE AULI

€15,00
ISBN 9788412682205
Un home solitario ao que o amor lle foi esquivo, e o seu sobriño Auli, un rapaz de once anos observador e intelixente, inician unha viaxe xuntos.
Non é fácil para os protagonistas desta emotiva novela de Ramón Torrado Romero, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, estar en sintonía, pero as experiencias comúns e o tempo compartido irán derrubando os muros que os separan.
Porén, ambos vivirán as súas aventuras interiores de forma moi diferente. E cando, ao final da expedición, o home vese como a columna que axudará a Auli a vencer os obstáculos da vida, este sorprenderao cunha petición imposible de asimilar.

____

Editorial: Belagua 03-2023
Idioma: Galego