Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A POESÍA NECESARIA

€15,50
ISBN 9788498652123

O libro nace da experiencia do autor como creador e profesor, funcionando como un manual práctico para achegar a poesía aos máis novos a través da emoción, o xogo de palabras e a sonoridade. Divídese nunha primeira parte de reflexión teórica sobre a importancia da palabra e nunha segunda metade con propostas lúdicas para a aula.

Este texto nace da paixón dun profesor que é escritor, dun escritor que é profesor, dun poeta que lles aprende aos cativos que a poesía tamén é alimento.
Na primeira parte do libro asistimos a unha reflexión lúcida arredor da importancia da poesía, da palabra, das boas historias, da fantasía nas nosas vidas. Na segunda ofrécense técnicas concretas para traballar na aula a creación poética a partir de propostas lúdicas que permiten que calquera, se ten paixón, sexa quen de sacar de dentro uns cantos versos fermsos. En definitiva, un libro que nace da experiencia e da paixón de moitos anos aprendendo a crear poesía nas clases e fóra delas.

____
Editorial: Galaxia 2009
Idioma: Galego
Páxinas: 124
POESÍA
INTERVENCION SOCIAL/DIDACTICA